TORNEO BALONCESTO FESTAS DO CARME E A FRAGA 2019

Xa non queda nada para outra edición do Torneo de Minibasket Festas do Carme e a Fraga 2019.

Como xa saberedes moitos, este torneo serve para pechar a tempada do noso Club e celebrar o ano de traballo e competición de todos os integrantes da familia do C. B. As Pontes: xogadores, adestradores, pais, colaboradores….

Este ano convidamos a algúns dos clubs amigos a compartilo connosco. Este ano contaremos con: C.B. VIVIEIRO e BAXi FERROL.

Aínda que o torneo é de Minibasket, tamén haberá partidos para os infantís e as cadetes, para que a despedida sexa completa para todos.

Como as últimas edicións, contaremos con inchables para os participantes no exterior do pavillon.

Esperamos contar con todos vos neste día de despedida da tempada.
1,2,3 AS PONTES!!🏀🏀⛹🏽‍♀️⛹🏽‍♀️⛹️‍♂️⛹️‍♂️