TORNEO MINIBASKET FESTAS DO CARME E A FRAGA 2018

TORNEO MINIBASKET FESTAS DO CARME E A FRAGA 2018

2018-06-08T16:01:18+00:00 04, 06, 2018|CB AS PONTES 12-13|

Xa falta pouco para a nova edición do Torneo de Minibasket Festas do Carme e a Fraga 2018.

Como xa saberedes moitos, este torneo serve para pechar a temporada do noso Clube e celebrar o ano de traballo e competición de todos os integrantes da familia do C. B. As Pontes: xogadores, entrenadores, pais, colaboradores….

E para iso invitamos a algúns dos clubes amigos a compartilo con nosco. Este ano contaremos co C.B. VIVIEIRO e BASQUET CORUÑA.

Ainda que o torneo e de Minibasket, tamén haberá partidos para os infantiles, para que a despedida sexa completa para todos.

Coma as últimas edicións, contaremos con hinchables para os participantes no exterior do pabillón (traede bañador).

Esperamos contar con todos vos neste día de despedida da tempada.