O Club Baloncesto As Pontes invita a todos os nenos e nenas e adultos que os acompañen a coñecer en persoa os integrantes do Río Natura Monbús Obradoiro de Santiago, único equipo galego na Liga Endesa.
Para elo, debedes acudir o Pavillón Municipal de As Pontes o mércores 18 de febreiro as 18:00 horas.
As ANPAs, Colexios e Institutos que acudan como grupo deben informar do número de asistentes con antelación a info@cbaspontes.es.
Poderedes facer preguntas os xogadores e técnicos do Obradoiro; tamén haberá concursos e sorteos, firma de autógrafos e fotografías. Esperámosvos.
Juan Eladio Pico Tembrás
Presidente do C. B. As Pontes
O CONCURSO DE DEBUXO previsto en principio non se realizará.
Descarga o cartel: 2015-02-03 Invitación ANPAS 2